Coorganizador da I Romaría de Ames Novo

O 19 de xullo de 2014 celebrouse a I Romaría de Ames Novo, unha xornada de lecer e debate político, de ocupación do espazo público no que a cidadanía asume o protagonismo no exercicio democrático. Debates, concertos, actuacións, xantar, actividades ao aire libre, etc., coorganizadas por Quique Costas e Xaime Subiela

Nesta xornada participaron: Lidia Senra (eurodeputada de AGE en Europa), Antón Sánchez (Deputado no Parlamento Galego de AGE e Secretario de Política municipal de Anova), Xoán Bascuas (Secretario Xeral de Compromiso por Galicia), Ángel Montero (Co-voceiro de Equo-Galicia), Xoán Hermida (Coordinador de Espazo Ecosocialista Galego), Xabier Ron (Deputado no Parlamento Galego de AGE e membro da Coordinadoira Nacional de Esquerda Unida), Martiño Noriega (Portavoz de Anova) e Daniel Fernández Blanco (Equipo de traballo da Asemblea Cidadá de Podemos).

Pódese ver a crónica da xornada aquí.

Romaría Ames Novo

Advertisements