Coordinación do 2º encontro das mareas

O 2º encontro de mareas foi organizado por Ames Novo o 9 de novembro de 2014, dando continuidade á Marea Municipalista organizada pola Marea Atlántica en outubro.

En Ames Novo asumín eu o labor de coordinar este encontro.

O encontro desenvolvido como un proceso de cooperación en código aberto abordou 4 cuestións relevantes nesa altura para todas as mareas: as primarias abertas e o código ético, o programa de goberno participativo, a comunicación e o discurso para recuperar o sentido da democracia.

No encontro encontro participaron as diferentes iniciativas municipalistas activas en Galicia nese momento, Marea Atlántica, Ourense en Común, Marea de Vigo, Marea de Pontevedra, Marea Ártabra, Compostela Aberta, ademais de Ames Novo e outras iniciativas de vilas como Cambre, Ribadeo ou Abegondo, e a título de observador Somos Maioría.

EncontroMareas-Ames

http://prazadeames.com/?p=2610

Advertisements