En Marea, en campaña. Comezamos

Emoción contaxiosa

Este sábado a Coruña arrancaba a marea coa que vencer ao PP e ao bipartidismo, un acto onde a emoción volvía a facernos comprender que se pode. Palexco converteuse nun símbolo da potencia do cambio. Encheuse cando AGE deu a grande sorpresa das anteriores eleccións galegas, encheuse cando a Marea Atlántica fixo o famoso acto con Antón Sánchez, con Yolanda Díaz, con Pablo Iglesias, e cun ‘chorbo’ que se chamaba Xulio Ferreiro. Ambos foron o presaxio de algo grande, o símbolo de que xunt@s somos quen, e soubemos que moita xente conta con nós, e non lle podemos fallar.

A condensación anímica da Coruña é moito máis que cargar pilas. Vímonos e vimos que eramos moitos e moitas, vimos que eramos moi diversos e podemos construír en común unha alternativa, porque as cousas só cambian cando somos maioría. E somos como a xente, plural pero temos un desexo común que nos une.

E víronnos, saben que podemos vencer, que poden caer os privilexios e que o Estado non se vai repartir como un botín no palco do Bernabeu. Que devolverlle as institucións á xente e en beneficio da xente do común significa que alguén perde, e son eles. Vai haber moita guerra sucia, témennos e van vir a por nós, xa está acontecendo nas cidades. Ante o acoso, a mentira e o desprezo: dignidade, cabeza alta e confianza. Confianza entre compañeiras e compañeiros, confianza nas capacidades propias, confianza na xente, confianza no pobo galego, confianza nos pobos do mundo. Hai que fiarse para que suba a marea e, sobre todo, para que a xente poida ser quen.

Non comeza nin remata aquí, nin estamos soas.

As eleccións xerais son parte dun proceso global de cambio. Ven de moi atrás, do Nunca Máis, do 15M, en maio deste ano tomou corpo institucional en moitos concellos do país como o meu, e asumiu os gobernos da esperanza (e xa en parte realidade) da Coruña, Ferrol e Compostela.

Ninguén daba un peso polas mareas cando comezaron, sei do que falo. E abrimos paso, non contra vento e marea, contra a ocultación e o desprezo, a favor do aire fresco e das ondas. Vimos de lonxe e imos máis lonxe. Isto debe continuar nas eleccións galegas, e vamos facelo mellor, con todo ímpeto das forzas políticas e toda a forza das mareas e as iniciativas cidadás. Tamén nós aprendemos. Potencia e intelixencia colectiva. O mundo non remata o 20D, pero ese día é importante, para as nosas vidas, para a xente, para o pobo galego.

Continuará… mais agora temos que ir a por todas. Este sábado tamén compredemos que non estamos sós nin soas. É moita a xente que quere un cambio que cambie. Ese cambio vén de abaixo, de atrás e do lado. Non despistemos o compás e a orientación. Porque compartimos moitas cousas, dolor, inxustizas e tamén soños. As cidades polo ben común son o símbolo e a materialidade do que compartimos, do que estamos cambiando e do que podemos chegar a alcanzar. Ada Colau tamén é miña, como Jorge, Xulio ou Martiño. Si nos representan. O cambio ha de vir da xente común, ha de facerse en común, precisamos todos os latexos, todas os cerebros, todos os músculos, todas as mans. Con paixóns alegres. O cambio ha de vir en marea. Aquí e en todo lugar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s