Proxecto Compostela 2021. A cidade intuída. Concello de Santiago de Compostela. Responsable da área: cidade culta-Cidade da Cultura. 2011.

Coordinador técnico da Reflexión estratéxica sobre a cultura galega, Consello da Cultura Galega. Responsable do proceso participativo e da elaboración dos documentos de debate. 2010.

Coordinador de Contidos da Cidade da Cultura de Galicia, responsable dos Plans directores e proxectos culturais de cada un dos edificios, incluídos os actualmente abertos: Arquivo e Biblioteca de Galicia. Como asesor da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. 2008-2009.

Membro do Comité científico do Congreso Internacional Lugares de Cultura, creatividade para o desenvolvemento, Santiago de Compostela, xaneiro 2009.

Responsable, en nome da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, da elaboración de diversos proxectos de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal en materia cultural, entre eles o Proxecto Creativa: a industria cultural Galicia-Norte de Portugal actualmente en desenvolvemento financiado polo Interreg IV. 2008.

Asesor técnico do primeiro Anuario de Estatísticas Culturais de Galicia 2006. Observatorio da Cultura Galega – Consello da Cultura Galega.

Advertisements